En este video, Santiago Pozo, coordinador do proxecto, explica en que consiste A Caixa Sostible, un proxecto de divulgación da Ciencia e Tecnoloxía levado a cabo por 12 docentes e investigadores da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e dirixido ao alumnado dos Centros de Ensinanza Secundaria de Galicia.
O proxecto conta coa colaboración da FECYT, ademáis da Escola de Enxeñeiros de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España, o Consello Social da Universidade de Vigo, a ENCIGA e a Plataforma Minería Sostible.