Investigador responsable da actividade Determinación da calidade das augas

Grupo de investigación: Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais (GESSMin)

maraujo@uvigo.es

https://orcid.org/0000-0002-0666-5666

Enxeñeira de minas e doutora en tecnoloxía ambiental centra a súa investigación en dúas liñas principais: (i) a modelización e optimización da explotación de recursos mineiros, e (ii) a mellora de procedementos de control e tratamento de datos dentro do ámbito ambiental. No campo da xestión e control de calidade das augas centrou a súa investigación os últimos anos, codirixindo dúas teses de doutoramento nesta temática. É a investigadora principal do proxecto de carácter competitivo a nivel nacional MLFWATER (PID2020-116013RB-I00, convocatoria Retos Investigación 2020). É Subdirectora de Planificación e Organización Docente da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, membro activo da comisión de divulgación da mesma Escola e traballou como responsable de divulgación do centro desde o ano 2010 ata o 2013.