Investigador responsable da actividade Eficiencia luminosa

Grupo de investigación: Enxeñaría Física

bvazquez@uvigo.es

https://orcid.org/0000-0002-4656-3840

Catedrático de Universidade con catro sexenios de investigación CNEAI. A súa investigación céntrase na Óptica Aplicada e Tecnoloxías Láser. Mantén ademais unha liña de innovación/divulgación científica no campo do ensino experimental da Física desde 1991 con: 10 proxectos de transferencia, máis de 120 publicacións, máis de 40 participacións na organización de reunións científicas, máis de 150 conferencias en IES. É Vicepresidente (2007-2023) da Asociación Hands-on Science (NIPC 508050561) (Membro da “International Council of Associations for Science Education). É Embaixador para España de Scientix/European Schoolnet (2016-2023).É responsable do Grupo de Innovación Docente de Aprendizaxe Manipulativo da Física rexistrado na Universidade de Vigo en xuño de 2016 (GID1). Vogal do Grupo Especializado de Didáctica e Historia da Física e a Química das Reais Sociedades Españolas de Física (RSEF) e de Química (RSEQ). Representante da RSEF no International Day of Light.