Inicio
Actividades
Pegada de carbono Eficiencia enerxética Eficiencia luminosa Calidade das augas Patrimonio xeolóxico
A Caixa Sostible
A concienciación da nosa mocidade de que a enxeñaría e a ciencia son uns dos motores transformadores da sociedade é de carácter fundamental para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 e mellorar desta maneira a calidade de vida e a sustentabilidade do planeta. Co obxectivo de amosar a necesidade dun emprego sostible da enerxía e dos recursos mineiros dende unha perspectiva máis local, un equipo integrado por persoal docente e investigador da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo propón o proxecto A CAIXA SOSTIBLE, no que se deseña unha caixa que se envía a 40 institutos galegos de educación secundaria que previamente manifestaron o seu interese.
Esta caixa conta con 5 actividades encamiñadas á determinación da pegada de carbono, a eficiencia enerxética, a eficiencia luminosa, a calidade das augas e a posta en valor do patrimonio xeolóxico da contorna. Cada unha destas actividades, ten un compartimento dentro da caixa onde se inclúe o material e a información necesarios para o seu desenvolvemento. A caixa é recibida polo profesorado encargado do centro educativo que, co apoio do persoal da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, titorizará ao estudantado en cada unha das actividades.
Resumo do Proxecto
Séguenos nas Redes!
Actualidade
Video resumo do proxecto A Caixa Sostible
Neste vídeo amósase un resumo do proxecto A Caixa Sostible. Dende a creación das caixas e a páxina web ata o acto de clausura do … Continuar
O proxecto A Caixa Sostible conclúe a súa primeira edición tras cinco meses de traballo con 830 mozos e mozas de 40 institutos
As e os participantes incrementaron nun 30% os seus coñecementos relacionados coa sostibilidade. Tras cinco meses de traballo, este mércores chegou a hora de presentar … Continuar
Xornada de Clausura do proxecto A Caixa Sostible: resultados e perspectivas
O vindeiro mércores, día 10 de maio, terá lugar a Xornada de Clausura do proxecto A Caixa Sostible. Celebrarase na sala Paraninfo da Univeresidade de … Continuar
IES Monte Neme carballés participa en el proyecto “A Caixa Sostible” de la Universidad de Vigo
Los alumnos del Club de Ciencia del IES Monte Neme de Carballo están colaborando con la Universidad de Vigo dentro del proyecto “A Caixa Sostible”, centrado en “amosar a necesidade dun emprego … Continuar
Quedada do Club de Ciencia do IES A Guía coa @caixasostible
O pasado luns día 16 de xaneiro tivo lugar unha nova edición do Club de Ciencia do IES A Guía. Nesta ocasión o alumnado participante levou … Continuar
@caixasostible chega aos 40 IES galegos que participan no proxecto
Desde o pasado mes de decembro A Caixa Sostible está repartida por toda a xeografía galega. Desde a Fonsagrada, ata Tui, Ferrol, ou Ourense, pasando … Continuar
Que é A Caixa Sostible?
En este video, Santiago Pozo, coordinador do proxecto, explica en que consiste A Caixa Sostible, un proxecto de divulgación da Ciencia e Tecnoloxía levado a cabo … Continuar
Santiago Pozo presenta A Caixa Sostible no XXXV Congreso da ENCIGA en Ponteceso
O pasado 18 de novembro, o equipo coordinador de A Caixa sostible presentou no XXXV Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencia de Galicia) … Continuar
40 institutos de toda Galicia únense ao proxecto A Caixa Sostible da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Despois de varios meses de traballo previo, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía está a comezar esta semana o envío das Caixas Sostibles a arredor … Continuar