Quedada do Club de Ciencia do IES A Guía coa @caixasostible

Placass Petri - A Caixa Sostible
Placas Petri coas mostras de auga do IES A Guía, Vigo e Barcelona

O pasado luns día 16 de xaneiro tivo lugar unha nova edición do Club de Ciencia do IES A Guía. Nesta ocasión o alumnado participante levou a cabo unha análise da calidade de distintas mostras de auga, determinando o seu pH, a presenza de cloruros e de microorganismos.

Este experimento é  un dos propostos no proxecto A Caixa Sostible, no que está participando o IES A Guía. O proxecto está cofinanciado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, o Consello Social da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España.

Nas seguintes imaxes podedes ver o proceso de análise de microorganismos e as placas Petri cos diferentes cultivos: