{"id":3276,"date":"2022-09-29T11:29:52","date_gmt":"2022-09-29T09:29:52","guid":{"rendered":"http:\/\/lacajasostenible.webs5.uvigo.es\/?page_id=3276"},"modified":"2022-12-05T12:47:05","modified_gmt":"2022-12-05T11:47:05","slug":"calidade-das-augas","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/actividades\/calidade-das-augas\/","title":{"rendered":"Calidade das augas"},"content":{"rendered":"<ul id=\"custom-tabs-0\" class=\"nav nav-tabs\" role=\"tablist\">\n<li class=\"nav-item \"><a class=\"nav-link active\" role=\"tab\" href=\"#contexto\" data-toggle=\"tab\">Contexto<\/a><\/li>\n<li class=\"nav-item \"><a class=\"nav-link\" role=\"tab\" href=\"#actividade\" data-toggle=\"tab\">Actividade<\/a><\/li>\n<\/ul>\n<div class=\"tab-content\">\n<div id=\"contexto\" class=\"tab-pane show active\">\n<h2>Contexto<\/h2>\n<h3>Investigadores responsables da actividade<\/h3>\n<ul class=\"list-peak\">\n<li><span style=\"color: #93d5f6;\"><a style=\"color: #93d5f6;\" href=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/membros\/francisco-deive-herva\/\"><strong>Francisco Deive Herva<\/strong><\/a><\/span><\/li>\n<li><span style=\"color: #93d5f6;\"><a style=\"color: #93d5f6;\" href=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/membros\/maria-araujo-fernandez\/\"><b>Mar\u00eda Araujo Fern\u00e1ndez<\/b><\/a><\/span><\/li>\n<\/ul>\n<div style=\"width: 1920px;\" class=\"wp-video\"><!--[if lt IE 9]><script>document.createElement('video');<\/script><![endif]-->\n<video class=\"wp-video-shortcode\" id=\"video-3276-1\" width=\"1920\" height=\"1080\" autoplay preload=\"metadata\" controls=\"controls\"><source type=\"video\/mp4\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/animacion-final-0.2.mp4?_=1\" \/><a href=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/animacion-final-0.2.mp4\">http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/animacion-final-0.2.mp4<\/a><\/video><\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A xesti\u00f3n e a ordenaci\u00f3n da auga \u00e9 un factor primordial \u00e1 hora de asegurar un desenvolvemento sustentable, polo que a preservaci\u00f3n dos recursos h\u00eddricos \u00e9 un desaf\u00edo transversal que se ten en conta indirectamente nos oito obxectivos de desenvolvemento do milenio das Naci\u00f3ns Unidas. As\u00ed, a erradicaci\u00f3n da pobreza, a reduci\u00f3n da mortalidade infantil ou a conservaci\u00f3n do medio ambiente non se entenden sen unha adecuada pol\u00edtica de xesti\u00f3n da auga.<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos, a actividade humana estivo asociada a un aumento da contaminaci\u00f3n da contorna que inclu\u00edu tanto o aire coma o chan e a auga. A\u00ednda que a mi\u00fado o estudo da contaminaci\u00f3n se realiza atendendo a esta divisi\u00f3n, en realidade o habitual \u00e9 que os contaminantes interact\u00faen entre os tres medios e, finalmente, terminen atop\u00e1ndose nos ecosistemas acu\u00e1ticos, ben debido a escoamentos ou a deposici\u00f3n atmosf\u00e9rica (Herrygers <em>et al<\/em>., 2000; Gonz\u00e1lez <em>et al<\/em>., 2002; Sanz, 2005; Arun e Eyini, 2011). A pesar de que recentemente se incrementou a concienciaci\u00f3n ambiental da poboaci\u00f3n, a\u00ednda queda moito cami\u00f1o por percorrer para chegar a un desenvolvemento sustentable que evite os niveis de contaminaci\u00f3n actuais de acu\u00edferos, r\u00edos, lagos, mares e oc\u00e9anos. Por iso, en primeiro lugar, d\u00e9bese definir correctamente o termo contaminaci\u00f3n a partir de acepci\u00f3ns ofrecidas por organismos internacionais como a CEE da ONU en 1961: \u00abUnha auga est\u00e1 contaminada cando se ve alterada na s\u00faa composici\u00f3n ou estado, directa ou indirectamente, como consecuencia da actividade humana, de tal modo que quede menos apta para un ou todos os usos aos que vai destinada, para os que ser\u00eda apta na s\u00faa calidade natural\u00bb.<\/p>\n<p>Deste xeito, const\u00e1tase que a contaminaci\u00f3n da auga \u00e9 unha modificaci\u00f3n derivada directa ou indirectamente das actividades do ser humano e que leva unha degradaci\u00f3n da contorna e unha alteraci\u00f3n do ciclo natural da auga. Neste sentido, o impacto sobre as augas urbanas, agr\u00edcolas, comerciais, industriais etc., poder\u00eda manifestar que:<\/p>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li>A contaminaci\u00f3n p\u00f3dese estender desde unhas zonas a outras como desde a superficie terrestre ata os acu\u00edferos ou desde zonas pluviais a mares ou oc\u00e9anos.<\/li>\n<li>Como se pode apreciar na figura 1, a contaminaci\u00f3n de augas est\u00e1 intimamente relacionada coa contaminaci\u00f3n dos chans e do aire, en li\u00f1a co explicado previamente.<\/li>\n<\/ul>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-4164 size-full\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/Fig-1-Calidade-augas.png\" alt=\"\" width=\"628\" height=\"398\" srcset=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/Fig-1-Calidade-augas.png 628w, http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/Fig-1-Calidade-augas-300x190.png 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 628px) 100vw, 628px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><small>Figura 1: Esquema de vertidos industriais \u00a0(Mart\u00edn-Olmedo et al, 2016)<\/small><\/p>\n<p>\u00c9 innegable que a contaminaci\u00f3n sobre o aire e o chan derivar\u00e1 nun impacto negativo sobre as augas, que en \u00faltimo termo afecta \u00e1 flora, \u00e1 fauna e ata \u00e1 sa\u00fade humana. De feito, est\u00edmase que m\u00e1is de 10 mill\u00f3ns de persoas falecen cada ano debido a este problema (Fulekar, 2010). Polo tanto, \u00e9 importante determinar par\u00e1metros de calidade das augas que permitan controlar a contaminaci\u00f3n e propor estratexias de remediaci\u00f3n cando fose necesario. De feito, d\u00e9bese distinguir entre augas gandeiras e agr\u00edcolas (contaminadas con excrementos de animais ou residuos procedentes de actividades agr\u00edcolas como praguicidas ou fertilizantes), industriais (contaminadas con residuos de industrias moi diversas como a sider\u00farxica, petroqu\u00edmica ou t\u00e9xtil, entre outras) ou dom\u00e9sticas. En xeral, estas actividades demandan gran cantidade de auga, polo que se necesita implementar sistemas de depuraci\u00f3n eficaces que eviten que a contaminaci\u00f3n impacte negativamente nos ecosistemas receptores das citadas augas, como as plantas de tratamento de depuraci\u00f3n (EDAR) e a potabilidade de augas (ETAP).<\/p>\n<p>Polo tanto, \u00e9 necesario establecer niveis de referencia e par\u00e1metros de control para poder medir a calidade dunha auga que, \u00e1 s\u00faa vez, \u00e9 a base sobre a que se asenta o marco legal vixente. Neste sentido, a directiva marco da auga (Directiva 2000\/60\/CE), unha norma b\u00e1sica para a xesti\u00f3n racional da auga na Uni\u00f3n Europea, establece os seguintes obxectivos:<\/p>\n<ol>\n<li>Lograr que todas as masas de augas superficiais e subterr\u00e1neas te\u00f1an unha boa calidade.<\/li>\n<li>Diminu\u00edr os impactos derivados de secas e de riadas.<\/li>\n<li>Fomentar a utilizaci\u00f3n sustentable da auga.<\/li>\n<li>Reducir a contaminaci\u00f3n das augas subterr\u00e1neas.<\/li>\n<li>Favorecer a protecci\u00f3n e a mellora dos ecosistemas acu\u00e1ticos.<\/li>\n<li>Impulsar estratexias para minimizar verteduras.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Deste xeito, para garantir a calidade dunha auga c\u00f3mpre asegurar que a s\u00faa composici\u00f3n se mant\u00e9n por baixo dos niveis marcados pola lexislaci\u00f3n. As\u00ed, non deber\u00e1 presentar substancias qu\u00edmicas, axentes infecciosos ou microorganismos que puidesen dar lugar a efectos nocivos na flora, fauna e sa\u00fade humana. Para comprobar a calidade da auga \u00e9 necesario tomar mostras e realizar diversas an\u00e1lises qu\u00edmicas como son, entre outros, os que se citan a continuaci\u00f3n:<\/p>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li><strong>Grao de acidez ou alcalinidade<\/strong><br \/>\nM\u00eddese mediante a cuantificaci\u00f3n do pH, que \u00e9 un termo acu\u00f1ado a principios do s\u00e9culo xx polo bioqu\u00edmico dan\u00e9s S. P. L. S\u00f8rensen e que se refire ao logaritmo con base 10 da concentraci\u00f3n de hidroxeni\u00f3ns presentes nunha disoluci\u00f3n. Habitualmente, a escala de pH oscila entre 0 e 14; os valores inferiores a 7 son os correspondentes aos \u00e1cidos, os superiores a 7 os b\u00e1sicos e os que te\u00f1en valor de 7 os neutros (Petrucci <em>et al<\/em>., 2011). Actualmente, para determinar o pH empr\u00e9gase habitualmente un el\u00e9ctrodo sensible aos hidroxeni\u00f3ns previamente calibrado con disoluci\u00f3ns de referencia cun pH co\u00f1ecido ou ben mediante indicadores colorim\u00e9tricos, como o papel indicador proposto no presente traballo.<\/li>\n<li><strong>Presenza de cloruros<\/strong><br \/>\nHabitualmente, para eliminar os microorganismos pat\u00f3xenos dunha auga e evitar a presenza de xermes infecciosos tanto v\u00edricos coma bacterianos eng\u00e1dense produtos qu\u00edmicos como os axentes clorados. Habitualmente, util\u00edzase cloro (ou mol\u00e9culas cloradas como a lixivia) para que reaccione con todos os compostos redutores (materia org\u00e1nica, amon\u00edaco etc.) e dea lugar a organoclorados e aminoclorados; contin\u00faase engadindo ata chegar ao momento de ruptura <em>(break point)<\/em>, onde se consegue un exceso de cloro que asegura a desinfecci\u00f3n (Ram\u00edrez Quir\u00f3s, 2005).<\/li>\n<li><strong>Presenza de microorganismos<\/strong><br \/>\nNas augas poden existir diversidade de axentes microbianos que poder\u00edan comprometer a s\u00faa calidade sanitaria. As\u00ed, ademais dos microorganismos habituais presentes en ecosistemas acu\u00e1ticos (por exemplo, Pseudomonas, Bacillus etc.), poder\u00edan existir certos pat\u00f3xenos como os procedentes de correntes fecais. Para detectar a s\u00faa presenza introd\u00facese unha mostra da auga nun caldo nutritivo, por exemplo unha placa Petri con peptona de case\u00edna, extracto de fermento, cloruro s\u00f3dico e un axente solidificante como \u00e1gar-\u00e1gar.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Polo tanto, nesta actividade pret\u00e9ndese concienciar o alumnado da necesidade de levar a cabo controis de calidade da auga mediante diferentes par\u00e1metros b\u00e1sicos como son o pH, a presenza de cloro ou a existencia de microorganismos. Para iso, exponse que os centros reciban o material necesario para que o alumnado poida determinar a calidade de tres augas representativas: unha dunha gran cidade como Barcelona, outra da cidade de Vigo e outra residual. Ademais, proponse que cada estudante recolla unha mostra de auga da s\u00faa vivenda ou centro de estudo para comparar os resultados obtidos cos das mostras modelo.<\/p>\n<h6 style=\"text-align: right;\">S\u00e9guenos nas Redes!<\/h6>\n<p><a target =\"_blank\" href=\"https:\/\/twitter.com\/LacajaSostenib1\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-4319 size-full alignright\" style=\"margin-left: 15px;\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/twitter-icon-e1669982227817.png\" alt=\"\" width=\"35\" height=\"35\" \/><\/a><a target =\"_blank\" href=\"https:\/\/www.instagram.com\/caixa_sostible\/\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-4318 size-full alignright\" style=\"margin-left: 15px;\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/instagram-e1669982212591.png\" alt=\"\" width=\"35\" height=\"35\" \/><\/a><a target =\"_blank\" href=\"https:\/\/www.facebook.com\/profile.php?id=100087954619668\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright\" style=\"margin-left: 15px;\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/facebook-e1669982193537.png\" alt=\"\" width=\"35\" height=\"35\" \/><\/a><a target =\"_blank\" href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCzZ3Uiylq1YRkNEVW3JurYg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-4320 size-full alignright\" style=\"margin-left: 15px;\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/youtube-e1669982588586.png\" alt=\"\" width=\"35\" height=\"35\" \/><\/a><\/p>\n<\/div>\n<div id=\"actividade\" class=\"tab-pane\">\n<h2>Actividade: determinaci\u00f3n da calidade das augas<\/h2>\n<p><iframe loading=\"lazy\" title=\"Calidade das Augas\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/-KI8ejK-DIE?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<h3>Materiais que se incl\u00faen no lote<\/h3>\n<ol>\n<li>Cinco microtubos de tipo Eppendorf (tres conte\u00f1en diferentes augas de Barcelona, Vigo e residual, un cont\u00e9n nitrato de prata 0,03 M e un baleiro para unha mostra de auga do alumnado)<\/li>\n<li>Catro placas Petri con medio de cultivo s\u00f3lido<\/li>\n<li>Cinco pipetas Pasteur est\u00e9riles<\/li>\n<li>Catro asas de semente est\u00e9riles en L<\/li>\n<li>Catro tiras de Parafilm<\/li>\n<li>Catro tiras de papel indicador de pH<\/li>\n<\/ol>\n<h3>Material para descargar<\/h3>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li><span style=\"color: #94d5f6;\"><a style=\"color: #94d5f6;\" href=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/T\u00e1boa-de-rexistro-dos-resultados-da-an\u00e1lise-das-aguas-no-centro.docx\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">T\u00e1boa de rexistro dos resultados da an\u00e1lise das aguas no centro (word)<\/a><\/span><\/li>\n<li><span style=\"color: #94d5f6;\"><a style=\"color: #94d5f6;\" href=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/Exemplo-t\u00e1boa-de-resultados-da-an\u00e1lise-de-aguas-no-centro.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Exemplo t\u00e1boa de resultados da an\u00e1lise de aguas no centro (pdf)<\/a><\/span><\/li>\n<\/ul>\n<h3>Material que ter\u00e1 que dispor o IES<\/h3>\n<p>Un rotulador permanente de punta fina para identificar as placas Petri.<\/p>\n<h3>Procedemento<\/h3>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li><strong>Presenza\u00a0de microorganismos<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Cunha pipeta Pasteur tomarase unha mostra dunha das augas contidas nos microtubos de tipo Eppendorf e engadiranse d\u00faas pingas nunha das placas Petri. Cunha asa de semente est\u00e9ril en L est\u00e9ndense as pingas coidadosamente sobre a superficie da placa tentando manter a m\u00e1xima asepsia posible. A continuaci\u00f3n, s\u00e9lase cunha das tiras de Parafilm e rot\u00falase coa data e co nome da mostra de auga. Rep\u00edtese a operaci\u00f3n coas outras mostras de auga e d\u00e9ixanse repousar as placas durante unha semana a temperatura ambiente.<\/p>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li><strong>pH<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Introd\u00facese unha tira de papel indicador de pH nun dos microtubos de tipo Eppendorf ata que se humedeza a metade do papel. Ret\u00edrase e comp\u00e1rase coa cor modelo para determinar o valor de pH ao que se parece m\u00e1is (figura 2). An\u00f3tase o resultado e rep\u00edtese a operaci\u00f3n co resto das augas.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-3312 aligncenter\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/Fig-2-Calidade-augas-300x297.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"297\" srcset=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/Fig-2-Calidade-augas-300x297.jpg 300w, http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/Fig-2-Calidade-augas-150x150.jpg 150w, http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/Fig-2-Calidade-augas-768x759.jpg 768w, http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/Fig-2-Calidade-augas-1024x1013.jpg 1024w, http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/Fig-2-Calidade-augas.jpg 1076w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><small>Figura 2. Determinaci\u00f3n do pH en base \u00e1 coloraci\u00f3n do papel indicador<\/small><\/p>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li><strong>Presenza de cloruros<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>T\u00f3mase nitrato de prata 0,03 M do microtubo correspondente cunha pipeta Pasteur e eng\u00e1denselle unhas pingas a cada microtubo que cont\u00e9n auga. Anotar en cales dos tubos se observa a presenza dun precipitado branco de cloruro de prata, que indicar\u00eda cal ou cales das mostras se someteron a un proceso de cloraci\u00f3n.<\/p>\n<h3>Resultados esperables<\/h3>\n<p>O alumnado deber\u00e1 observar e anotar o aspecto de cada placa e os cambios rexistrados respecto ao momento inicial, ademais de describir en detalle a cor e a aparencia tras a observaci\u00f3n do anverso e do reverso, e de identificar a natureza dos organismos presentes (fermentos, fungos filamentosos, bacterias). Por iso, ser\u00e1 recomendable que se tomen fotos de cada placa ao longo do experimento. Se o aspecto \u00e9 algodonoso ou aveludado, tr\u00e1tase dun fungo filamentoso, mentres que se \u00e9 un aspecto m\u00e1is cremoso ser\u00e1 un fermento ou unha bacteria. Pedir\u00e1selle ao alumnado que compare os microorganismos existentes con fotos de fungos, bacterias e fermentos de x\u00e9neros com\u00fans. Deber\u00e1n explicarse as diferenzas, se as houbese, entre a carga microbiana procedente de cada mostra de auga. Por outra banda, compararase o pH de cada unha das augas e discutirase se est\u00e1 no rango permitido pola lexislaci\u00f3n. Por \u00faltimo, explicarase cal ou cales das mostras de augas te\u00f1en cloruros como resultado da reacci\u00f3n de precipitaci\u00f3n.<\/p>\n<h3>Referencias bibliogr\u00e1ficas que poden resultar interesantes para o alumnado<\/h3>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li>Arun, A., Eyini, M. (2011): Comparative studies on lignin and polycyclic aromatic hydrocarbons degradation by basidiomycetes fungi. Bioresource Techology, 102: 8063-8070.<\/li>\n<li>Directiva 2000\/60\/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuaci\u00f3n no \u00e1mbito da pol\u00edtica da auga.<\/li>\n<li>Fulekar, M.\u00a0H. (2010) Environmental Biotechnology. CRC Press, Enfield, EUA.<\/li>\n<li>Gonz\u00e1lez, M.\u00a0N., Orozco, C., P\u00e9rez, A., Alfayate, J.\u00a0M., Rodr\u00edguez, F.\u00a0J. (2002): Contaminaci\u00f3n ambiental: una visi\u00f3n desde la qu\u00edmica. Editorial Paraninfo, Madrid, Espa\u00f1a.<\/li>\n<li>Herrygers, V., Langenhove, H.\u00a0V., Smet, E. (2000): Environmental Technologies to treat sulphur pollution. En: P. Lens, L.\u00a0H. Po (eds.) Principles and engineering. International Water association, Londres, 281-304.<\/li>\n<li>Mart\u00edn-Olmedo, P., Carroquino, M.\u00a0J., Ord\u00f3\u00f1ez, J.\u00a0M., Moya, J. (2016): La salud en la evaluaci\u00f3n de impactos ambientales. Gu\u00eda Metodol\u00f3gica. Sociedad Espa\u00f1ola de Sanidad Ambiental, Andaluc\u00eda, Espa\u00f1a.<\/li>\n<li>Petrucci, R. H., Herring, F.\u00a0G., Madura, J.\u00a0D., Bissonnette, C. (2011): Qu\u00edmica general, Editorial Prentice-Hall.<\/li>\n<li>Ram\u00edrez-Quir\u00f3s, F. (2005): Desinfecci\u00f3n del agua con cloro y cloraminas, T\u00e9cnica Industrial 260: 54-63.<\/li>\n<li>Sanz, J.\u00a0L. (2005): Control biol\u00f3gico de plantas y enfermedades de los cultivos. En Biotecnolog\u00eda y Medioambiente. Ephemera, Madrid, Espa\u00f1a.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h6 style=\"text-align: right;\">S\u00e9guenos nas Redes!<\/h6>\n<p><a target =\"_blank\" href=\"https:\/\/twitter.com\/LacajaSostenib1\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-4319 size-full alignright\" style=\"margin-left: 15px;\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/twitter-icon-e1669982227817.png\" alt=\"\" width=\"35\" height=\"35\" \/><\/a><a target =\"_blank\" href=\"https:\/\/www.instagram.com\/caixa_sostible\/\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-4318 size-full alignright\" style=\"margin-left: 15px;\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/instagram-e1669982212591.png\" alt=\"\" width=\"35\" height=\"35\" \/><\/a><a target =\"_blank\" href=\"https:\/\/www.facebook.com\/profile.php?id=100087954619668\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright\" style=\"margin-left: 15px;\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/facebook-e1669982193537.png\" alt=\"\" width=\"35\" height=\"35\" \/><\/a><a target =\"_blank\" href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCzZ3Uiylq1YRkNEVW3JurYg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-4320 size-full alignright\" style=\"margin-left: 15px;\" src=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/youtube-e1669982588586.png\" alt=\"\" width=\"35\" height=\"35\" \/><\/a>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Contexto Actividade Contexto Investigadores responsables da actividade Francisco Deive Herva Mar\u00eda Araujo Fern\u00e1ndez &nbsp; A xesti\u00f3n e a ordenaci\u00f3n da auga \u00e9 un factor primordial &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/actividades\/calidade-das-augas\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"parent":1297,"menu_order":4,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"views\/template-fullwidth.blade.php","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-3276","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/3276\/"}],"collection":[{"href":"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/"}],"about":[{"href":"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page\/"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4\/"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments\/?post=3276"}],"version-history":[{"count":25,"href":"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/3276\/revisions\/"}],"predecessor-version":[{"id":4381,"href":"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/3276\/revisions\/4381\/"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1297\/"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/acaixasostible.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/?parent=3276"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}