Ao amparo do obxectivo prioritario do proxecto –visibilizar as medidas adoptadas pola Unión Europea para garantir o crecemento sostible, desde un punto de vista económico, social e ecolóxico do sector pesqueiro – o plan de traballo contribúe a:

  • Respostar á demanda social de profesionais, entidades públicas e privadas e autoridades competentes do sector pesqueiro en Galicia. O proxecto, polo tanto, é unha canle para a transferencia de coñecemento desde a universidade ao sector pesqueiro.
  • Respostar á demanda académica de estudantes e profesores, universitarios e non universitarios, especializados no ámbito da pesca. O proxecto permite que estudantes e profesores se acheguen ás problemáticas do sector pesqueiro e ás respostas das institucións europeas.
  • Estimular a investigación multidisciplinaria no campo do Dereito Marítimo e do Mar e do Dereito Social da xente de mar e contribuir á súa transferencia á sociedade.

Cronograma de actividades

2019

  • 29 de novembro de 2019: Xornada “O emprego en Europa: o sector da pesca”, Delegación territorial da Xunta de Galicia en Vigo.

2020

  • Primaveira 2020: Obradoiro “A pesca en Europa: desafíos e perspectivas” (edición 2020), Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico, Vigo.
  • Verán 2020: Seminario internacional “Hacia unha pesca sostible”, Vigo.
  • Outono 2020: Xornada “O emprego en Europa: o sector da pesca” (edición 2020), Vigo.

2021

  • Primaveira 2021: Obradoiro “A pesca en Europa: desafíos e perspectivas” (edición 2021), Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico, Vigo.
  • Verán 2021: Seminario internacional “Os desafíos da pesca sostible”, Vigo.