Investigadora responsable da actividade Descobre o potencial xeolóxico da túa contorna
Grupo de investigación: Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais (GESSMin)
trivas@uvigo.es
https://orcid.org/0000-0003-1694-5167
Doutora en ciencias biolóxicas, centra a súa investigación no campo da explotación de rochas graníticas e no seu comportamento no Patrimonio Cultural. A súa traxectoria investigadora, que comezou no ano 1990, reflíctese en máis de 100 publicacións en revistas de prestixio internacional, máis de 80 contribucións en congresos nacionais e internacionais. É mentora en Inspira STEAM da Universidade de Vigo e foi Ligazón de Igualdade na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía durante 3 cursos académicos. Coordina as actividades relacionadas coa presenza da muller e/o a nena na ciencia como son as actividades do 11 de febreiro ou 8 de marzo. Foi profesora do Ciclo Integrado de Maiores da UVigo durante 4 cursos académicos.